Skip to main content
Monforte

Estanse a renovar as carpinterías da fachada do IES Francisco Daviña Rey en Monforte

Por 2 Outubro, 2021Sin comentarios

Estanse a renovar as carpinterías da fachada do IES Francisco Daviña Rey, en Monforte de Lemos, cun orzamento de máis de 70.000 euros.

Así pois, visitáronse as instalacións no día de onte e explicouse que a substitución das carpinterías por outras máis illantes supón un paso importante de cara a conseguir un notable aforro no consumo enerxético e mellorar as condicións de confortabilidade; actualmente estanse a cambiar as das plantas primeira e segunda, que suman máis dunha trintena.

No centro xa se renovaran con anterioridade as ventás da planta baixa, onde se atopa o salón de actos, entre outros espazos; instálanse novas carpinterías con illamento térmico e vidro baixo emisivo e tamén se cambian as persianas.