Skip to main content
Monforte

Corte de auga mañá na rúa Chantada en Monforte

Por 5 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Monforte informa que mañá mércores 6 de outubro levarase a cabo un corte no subministro de auga en parte da rúa Chantada, para levar a cabo obras cuxo obxectivo é cambiar a tubaxe de fibrocemento da acometida e substituíla por unha nova tubaxe de fundición.

Este corte no subministro de auga afectará os números comprendidos entre o 198 e o 240 da rúa Chantada, así como os ramais das rúas Álvaro Cunqueiro, Pintor Raimundo Patiño e Vicente Risco.

O corte levarase a cabo pola mañá dende as 9 ata as 12.30 e pola tarde, de 15.30 ata as 18 horas.

Deste xeito, o Concello segue traballando para a mellora do servizo de subministro de auga de Monforte, agradece a comprensión dos veciños e rogamos desculpen as molestias que estes traballos de mellora poidan ocasionar.