Skip to main content
Monforte

O PSOE pide rematar o Porto Seco de Monforte e habilitar un peirao intermodal

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

A Secretaria Provincial e Deputada Autonómica, Patricia Otero avanzou que defenderá unha iniciativa no día de hoxe na Comisión de Ordenación e Obras Públicas do Parlamento, co fin de demandar rematar, na maior brevidade posible, a conexión do Porto Seco de Monforte de Lemos coa N-120, así como habilitar un peirao intermodal no Porto Seco.

Así o anuncio a voceira de Infraestruturas, acompañada do alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Deputación, José Tome Roca nesta mesma plataforma loxística. O alcalde dixo que “o goberno de Feijóo ten que actuar xa, é necesario reactivar este proxecto. Precisamos de compromisos claros e orzamento para reactivar esta dotación, que será unha infraestrutura vital para o futuro desenvolvemento da provincia de Lugo. O Goberno de Feijóo non pode seguir dándonos ás costas”, advertiu.

Os socialistas lembran que “o informe do Eixo Atlántico de 2016, sobre o Porto Seco de Monforte de Lemos, reflicte que: “é un proxecto que leva demasiados anos estancado, especialmente se consideramos a importancia que ten, dende o punto de vista estratéxico e económico, non só para o eixe interior de Galicia, o menos desenvolvido, senón para a fachada marítima, en termos portuarios, e, para o conxunto dunha Eurorrexión na que viven 7 millóns de cidadáns, e na que intentan traballar sen ter que emigrar novamente, a maior parte deles”.

“Nin unha soa empresa”

Dende o PSdeG lembran que “este proxecto de plataforma xa foi anunciada por Manuel Fraga no ano 2011, e inaugurada por Feijóo no ano 2014. Pero lamentablemente 7 anos despois desta inauguración non existe alí instalada ningunha empresa”. Por iso entendemos que “é urxente e necesario que canto antes se lle poña remedio a estas carencias, e que dunha vez por todas o Goberno de Feijóo cumpra os seus compromisos con Monforte de Lemos”. 

“Unha competencia do Goberno de Feijóo”

Así as cousas, na iniciativa rexistrada argumentan que “o Porto Seco de Monforte é competencia da Xunta, pero tal e como se pode comprobar  téñeno totalmente abandonado e esquecido, e non atenden á necesidade de dotar a este centro loxístico duns accesos que lle permitan ser operativos mediante o viario de conexión coa N-120. Ademais, actualmente segue pendente a execución do tramo de menos de 1 km que contemplaría os accesos do Porto Seco coa N-120. Ata o de agora o seu único é a via que une Monforte coa Pobra de Brollón, unha vía de comunicación estreita e sen beiravía, pouco axeitada para o tipo de tráfico que debe de xerar este parque empresarial”. 

Peirao de carga e descarga

“O Goberno de Feijóo nin se quera foi capaz de construír o peirao de carga e descarga, un dispositivo fundamental para que o parque industrial se poida considerar intermodal, xa que sen un sistema así non sería posible o transvase de mercadorías operativo entre a terminal ferroviaria e nas parcelas acondicionas ao seu lado”, sinala Patricia Otero.