Skip to main content
Monforte

Monforte recibe a obra de teatro As virxes salvaxes

Por 10 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Monforte de Lemos recibe o vindeiro xoves 21 de outubro, o espectáculo de teatro As virxes salvaxes. As virxes salvaxes é “unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden”.

Así pois, a actuación vén a cargo da compañía Teatro do Noroeste e celebrarase no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos, ás 20.15 horas.

Hai que lembrar que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes para poder gozar dun espectáculo ameno de forma segura.