Skip to main content
Monforte

Unha nova obra de teatro chega a Monforte

Por 12 Outubro, 2021Outubro 13th, 2021Sin comentarios

Chega o vindeiro xoves 4 de novembro a Monforte de Lemos o espectáculo Dreaming Juliet, a nova creación para público adulto do Elefante Elegante. A actuación inspírase na peza Romeo e Xulieta de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor.

A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final.

Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tivesen morrido.

Así pois, a obra realizarase no edificio multiusos de Monforte ás 20.15 e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.