Skip to main content
Monforte

O PP de Monforte solicita unha partida concreta para a mellora da biblioteca

Por 16 Outubro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular de Monforte de Lemos solicita ao Concello incluír nos orzamentos de 2022 unha partida concreta para a mellora da biblioteca municipal. Os populares efectuarán esta petición no vindeiro pleno, debido “ao estado deficitario no que se atopan estas instalacións públicas. Concretamente, carecen de espazos de estudo axeitados, o mobiliario e iluminación son obsoletos, así como a conectividade nas mesmas”. Os ordenadores, segundo precisa a voceira Katy Varela, tamén precisan ser renovados.

Neste senso, e co fin de prestar un mellor servizo aos usuarios, o Grupo Municipal do PP propón mentras habilitar outros espazos para facilitar este tipo de aulas, como poden ser a Casa da Cultura ou o Edificio Multiusos.

“Esta situación”, apunta Varela, “é un exemplo máis de que o goberno local non se preocupa pola cultura, nin tampouco pola xente moza que son os principais usuarios da biblioteca. Vímolo co conservatorio ou tamén coas actividades culturais, xa que a únicas que hai son da Xunta de Galicia”. Katy Varela pon como exemplos disto último a rede de teatros de Galicia ou as diversas actuacións derivadas do Xacobeo.

“Monforte non existe para o PSOE”

Noutra orde de asuntos, a popular lamenta “a nula vontade política” do Partido Socialista con Monforte de Lemos, demostrada nos Presupostos Xerais do Estado, que “meten literalmente nun caixón actuacións e proxectos tan relevantes para o municipio e a Zona Sur”. Refírese Katy Varela á comisaría de policía ou as autovías (A-56 e A-76) que vertebrarían no só a Monforte, senón tamén á provincia con outras limítrofes como Ourense e incluso coa Meseta.

Varela critica que, con estes datos “demoledores”, Tomé Roca “permaneza calado e non sexa quen de alzar a súa voz para defender por unha vez antes aos seus veciños que ao seu partido”. “Monforte non existe para o Partido Socialista e, o noso alcalde, mira para outro lado”. Por este motivo, “e porque aínda estamos a tempo de rectificar este agravio coas emendas”, a voceira do PP pídelle ao rexedor que, “tanto na súa condición de alcalde, como de presidente da Deputación, faga valer os seus cargos e reclame o que os monfortinos e monfortinas se merecen”; do contrario, engade, “o Sr. Tomé Roca estará sendo cómplice dun castigo absoluto ao noso municipio por parte do Goberno e, por suposto, tamén responsable de que nos quedemos sen os proxectos que estaban previstos para impulsar Monforte”.