Skip to main content
Monforte

Monforte inicia o Programa de formación para o empoderamento da empregabilidade

Por 16 Outubro, 2021Outubro 17th, 2021Sin comentarios

A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de Monforte, a través do Centro de Información a Muller, únese un ano máis á celebración do 15 de outubro, Día Internacional da Mulller Rural.

Este ano aproveitase a conmemoración desta data para desenvolver un Programa de formación para o empoderamento e mellora da empregabilidade, dirixido a mulleres dentro do Proxecto DANA.

Este programa, ten como finalidade aumentar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural, a través do desenvolvemento de habilidades e competencias para o emprego e adquisición dos coñecementos sobre os recursos e técnicas máis adecuadas que ofrece internet para a busca activa de emprego.

O programa, que desenvolveu no día de onte -15 de outubro- unha primeira sesión presencial, consta de 40 horas de duración en total, que se impartiran de forma gratuíta, na modalidade presencial e en liña.

Esta actividade é impartida pola Fundación Mujeres, que traballa co obxectivo de alcanzar dun xeito integral o empoderamento da muller como un aspecto transversal a evolución en si mesma e nesta ocasión contribuíndo ca dinamización do rural.

As tres primeiras sesións serán de modo presencial en horario de 10 a 13.30 horas e se levaran a cabo no Centro Cívico Social nas seguintes datas: venres 22 de outubro, na que se fará unha formación en competencias básicas para o emprego e o autoemprego e o venres 29 de outubro, que será unha formación en liña para a procura de emprego.

As 30 horas restantes de formación impartiranse en liña, para o que unicamente será necesario ter un dispositivo tecnolóxico (móbil, tablet ou ordenador) con conexión a internet e versarán sobre Técnicas de busca de emprego activa (20 horas) e Procesos de selección (10 horas) .

As mulleres que aínda estean interesadas en participar na actividade poden inscribirse no Centro de Información á Muller sito no Centro Cívico Social ben chamando ao número 982 416 350 ou por correo electrónico na seguinte dirección cim@concellodemonforte.com.