Skip to main content
Monforte

Xosé Maceda visita o IES A Pinguela de Monforte

Por 19 Outubro, 2021Sin comentarios

O músico Xosé Maceda vén de visitar o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, a través dunha actividade organizada polo departamento de Lingua Galega. No seu encontro co alumnado de 1º da ESO, abordou a tradición oral galega, a memoria das feiras e a contribución dos cegos á tradición musical e literaria popular.

Acompañado da zanfona, ofreceu ademais un pequeno concerto didáctico no que o alumnado puido participar de xeito lúdico.

Maceda adícase á venda, reparación e construción de instrumentos de percusión tradicional. Así pois, tamén realiza obradoiros de construción de instrumentos tradicionais galegos; experiencias e coñecementos que compartiu co alumnado monfortino.