Skip to main content
Monforte

Monforte acolle un curso para renovar o nivel de manipulación de produtos fitosanitarios

Por 21 Outubro, 2021Sin comentarios

Monforte de Lemos acolle un curso para renovar o carné do nivel cualificado de aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios, cunha duración total de 10 horas lectivas.

Este curso impartirase na modalidade semipresencial e celebrarase do 22 ao 28 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos en horario de tarde (16:00 a 21:00 horas).

Estas iniciativas están dirixidas a usuarios profesionais de fitosanitarios que teñen o carné de nivel cualificado e que necesitan actualizar coñecementos. Trátase de persoas con responsabilidades na aplicación e na comercialización deste tipo de produtos, que precisan proporcionar a información axeitada sobre o seu uso, os seus riscos para a saúde e o medio ambiente e as instrucións para mitigar ditos riscos.

Así, no programa constan contidos sobre o Real Decreto que establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios, sobre os equipos de aplicación e a súa inspección técnica. Así mesmo, falarase da trazabilidade e dos cadernos de explotación ou do novo regulamento de clasificación e etiquetado de produtos fitosanitarios.

Os interesados poden inscribirse a través dun formulario de solicitude de asistentes. Para o curso de Monforte de Lemos, os interesados deberán enviar a solicitude ao correo electrónico maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal, e se precisan información adicional poderán chamar ao teléfono 982 889 103.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este. Cabe lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021.