Skip to main content
A Pobra do Brollón

A charla O territorio de Galicia 60 anos de crise, chega a Pobra do Brollón

Por 28 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón acolle a charla O territorio de Galicia, 60 anos de crise, que terá coma obxectivo que os participantes reflexionen sobre a xestión territorial de Galicia e a fractura entre cidade e aldea.

Esta actividade virá da man de Antonio de Vega Rodríguez, un arquitecto e profesor da USC que ten unha experiencia de docente de máis de 30 anos en materia de expresión gráfica en enxeñería, en distintas titulacións na Escola Politécnica Superior de Enxeñería. Así mesmo, tamén impartiu a materia de urbanismo e ordenación do territorio.

A charla está programada para o vindeiro xoves 4 de novembro, na Casa da Cultura Olga Novo, na Pobra do Brollón. Así pois, a cita comezará ás 20.15 horas e levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes. Por outra beira, o acceso é libre, ata completar a capacidade.