Skip to main content
A Pobra do Brollón

O magosto volve un ano máis a Pobra do Brollón

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Veciños de Salcedo, da Pobra do Brollón organiza no día de mañá, domingo 31 de outubro, o magosto deste ano 2021. Así pois, a xornada realizarase a partir das 20 horas en Salcedo.

Unha cita que estará chea de música, grazas ao dúo explosión, e de boa gastronomía, cun menú no que as castañas serán as protagonistas. Ademais das castañas, o menú estará composto por caldo e panceta.

A través de isto, búscase celebrar unha festa tradicional, xunto a todos aqueles veciños, veciñas e visitantes que o desexen.