Skip to main content
Quiroga

Quiroga obtén axudas para programas de inclusión da poboación xitana

Por 2 Outubro, 2021Sin comentarios

O Goberno galego concedeu ao Concello de Quiroga máis de 40.000 euros para a posta en marcha de programas de inclusión da poboación xitana a través da orde de axudas a concellos. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, mantivo unha reunión co alcalde da localidade lucense na que lle informou da nova convocatoria de axudas 2021-2023, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 17 de setembro.

Quiroga recibiu axudas para o reforzo socioeducativo de menores xitanos, para a formación en competencias clave e para a preparación da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O director xeral, que durante a súa visita tamén coñeceu o barrio xitano de Toucedo, sinalou que este municipio é unha referencia na inclusión da poboación xitana e na loita pola igualdade de oportunidades. 

A nova convocatoria para o período 2021-2023 supera os 6,2 millóns de euros, fronte aos 5,5 da anterior, o que supón un 12% máis. O período de presentación de solicitudes comezou o día seguinte á súa publicación no DOG e permanecerá aberta un mes. 

Novidades da convocatoria

Entre as novidades desta convocatoria destaca que o período para levar a cabo os programas subvencionados aumenta de 20 a 22 meses para que os proxectos teñan maior estabilidade financeira e poidan ter marxe para ser máis ambiciosos. Ademais, por segunda vez, inclúese un programa específico para atención ás persoas sen fogar, na liña do Plan pioneiro que ten en marcha a Xunta de Galicia para axudar a este colectivo a superar a súa situación.