Skip to main content
Deportes RIBEIRASACRAXAQuiroga

Volven as andainas Val de Quiroga este outono

Por 8 Outubro, 2021Sin comentarios

Chegan as andainas Val de Quiroga de outono, neste mes de outubro. Así pois, o domingo 17 de outubro poderase gozar dunha xornada de deporte na que se fará a ruta de 13 quilómetros Quiroga – Mirador de Vilañán.

Unha forma saudable e amena para coñecer o concello. A dificultade da ruta é media – baixa e é unha ruta non competitiva con reagrupamentos. Así mesmo, a andaina dará comezo na praza de España ás 9.30 horas da mañá e rematarase no mirador de Vilañán. A xornada non rematará nese momento xa que, posteriormente, se darán uns pinchos no centro social.

Por outra beira, a participación é limitada e gratuíta, sendo como mínimo de 20 persoas e como máximo de 55. Para inscribirse é preciso ir á Casa da Cultura de Quiroga antes do venres 15 de outubro.

Finalmente, hai que lembrar que nesta actividade organizada polo Concello de Quiroga se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes, para gozar dunha ruta segura e amena.