Skip to main content
Quiroga

A Asociación de Comerciantes de Quiroga entregou 200 premios nun sorteo

Por 11 Outubro, 2021Sin comentarios

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel en colaboración coa Federación Galega de Comercio en Lugo realizou esta mañá o sorteo de 200 premios. No sorteo As rodas da sostibilidade puideron participar as persoas que realizaron compras nos establecementos asociados entre o 4 e o 11 de outubro.

Esta mañá instaláronse na praza da rúa Lago dúas ruletas, unha na que participaban as persoas que presentaban tickets de compras de entre 10 a 49 euros e outra para as compras superiores de 50 euros. Os participantes só tiñan que probar sorte facendo xirar a ruleta.

A vicepresidenta da asociación local, Almudena Rodríguez Bascoy, xunto co representante da Federación Galega de Comercio en Lugo, José Mª Seijas e da concelleira de Servizos Sociais, Loli Sánchez, foi a encargada de facer entrega dos premios a todos os agraciados no sorteo que se desenvolveu ao longo da mañá.

Con este sorteo a asociación de empresarios e comerciantes premiou a fidelidade dos clientes co comercio local. A campaña as Rodas da Sostibilidade, da Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación Empresarios e Comerciantes do Xeoparque, Montañas do Courel e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, busca dinamizar o comercio de proximidade da provincia de Lugo e incentivar o consumo.