Skip to main content
Quiroga

Quiroga aproba non incluír ao lobo no listado LESPRE

Por 13 Outubro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno municipal aprobou o pasado venres unha moción presentada polo grupo popular contra a orde ministerial de inclusión do lobo no listado de especies silvestres en réxime de protección especial (LESPRE).

Os populares consideran que esta inclusión ven a supoñer na práctica que, a partires de agora, o lobo deixe de ter a consideración de especie cinexética, polo que o seu control queda prohibido. Esta inclusión determina ademais que o Plan de xestión do lobo de Galicia, deixa de estar en vigor, así como as axudas de prevención e danos que estaban contempladas no mesmo.

A moción presentada para o seu debate na vindeira sesión plenaria quere acadar o apoio do pleno para instar á Xunta de Galicia a interpoñer os recursos correspondentes ante os Tribunais, aos efectos de que se anule a Orde Ministerial pola que se inclúe ao lobo no Listado de Especies Silvestres en Régimen de Protección Especial.

Ademais de instar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica a que habilite axudas para subvencionar aos gandeiros a adopción das medidas de prevención establecidas no Catálogo aprobado por este Ministerio e o Ministerio de Agricultura para que habilite axudas para paliar os danos que causen os lobos.