Skip to main content
Quiroga

Novas actividades nas Escolas Deportivas de Quiroga

Por 19 Outubro, 2021Outubro 20th, 2021Sin comentarios

O Concello de Quiroga e as Escolas Deportivas Municipais informan que existen tres novidades deportivas para esta tempada 2021-2022 que está a comezar. Desta maneira, o prazo de inscrición aínda está aberto ata o vindeiro 28 de outubro para todas aquelas persoas que o desexen.

As tres actividades novas son: zumba, judo e ximnasia rítmica. As clases de zumba comezarán o mércores 3 de novembro e realizaranse no pavillón municipal de Quiroga os luns e os mércores ás 20 horas. Para poder iniciar esta actividade será preciso que exista un mínimo de 15 persoas apuntadas.

No caso do judo, a actividade está dirixida a nenos, nenas e adultos que teñan máis de 4 anos. O lugar onde se vai a celebrar é na sala de exposicións os martes e os xoves pola tarde. Así mesmo, as clases comezarán a partir do 2 de novembro e estarán dirixidas por Javier Martin, pertencente ao Club Vulcano Gallego.

Finalmente, no caso da ximnasia rítmica, as clases realizaranse no pavillón municipal os martes e os xoves a partir das 16.30 horas e tamén comezarán o 2 de novembro. Así mesmo, a actividade está dirixida a nenos e nenas a partir dos 5 anos e estarán impartidas polo Club Quicela de Monforte de Lemos.

Hai que lembrar que a inscrición se deberá realizar na Casa da Cultura antes do 28 de outubro. Ademais, en todas as actividades se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes. Para máis información pódese contactar a través das redes sociais do concello ou no número de teléfono 982 428 001.