Skip to main content
Quiroga

Chega a Quiroga o espectáculo infantil Cantando con Pinocho

Por 22 Outubro, 2021Outubro 23rd, 2021Sin comentarios

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas; este sábado, día 23, ás 19 horas, a Casa da Cultura acollerá o espectáculo de animación infantil, con música en directo Cantando con Pinocho, a cargo de Rigoletto Teatro.

A Fada de Cabelos Turquesa do conto de Pinocho será a encargada de contar o conto cantando en directo as cancións compostas para a adaptación da obra teatral de Pinocho, que actualmente xira por Galicia. Cancións que tratan temáticas como a liberdade, a amizade ou a importancia de perseguir un soño.

Unha porta aberta a unha emocionante aventura que amosará un camiño cheo de sensibilidade do que poderán disfrutar os nenos e nenas que se acheguen ata a casa da cultura o sábado a partir das sete da tarde.

Este espectáculo, que forma parte das numerosas actividades organizadas polo Concello de Quiroga para este derradeiro trimestre do ano, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Cultura a través do programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas de Galicia no que participa o concello .