Skip to main content
Ribas de Sil

A CHMS está a construír unha rampa de acceso ó río Sil

Por 17 Outubro, 2021Outubro 18th, 2021Sin comentarios

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está a executar, nas inmediacións de Castro de Abaixo-Augas Mestas, no Concello Ribas de Sil, unha obra necesaria para Protección Civil de Ribas de Sil.

Consiste na construcción dunha rampa de acceso ó río Sil para poder fletar a zodiac do concello e realizar os labores de busca ou salvamento de persoas.

Con esta obra, cúmplese unha reivindicación que se estaba a facer con insistencia dado que este é o único punto de acceso en moitos km de ribeira de río. Desta maneira, en quince días aproximadamente, contarase con esta infraestructura coa que se accederá con comodidade e rapidez ó embalse de San Esteban, independentemente do alto ou baixo que estea o nivel das augas.