Skip to main content
O Saviñao

Obradoiro sobre ilustración no Saviñao no día de mañá

Por 14 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Chega ao Concello do Saviñao este venres 15 de outubro, o obradoiro Deixa o móbil e debuxa!, un obradoiro de iniciación sobre ilustración e banda deseñada. Esta actividade entra dentro dunha serie de actividades que se realizarán na biblioteca para celebrar o Día das Bibliotecas 2021.

Desta maneira, faranse debuxos, algunhas viñetas e/ou tiras cómicas en común e para rematar, fará cadaquén a súa.

O obradoiro realizarase ás 18 horas e haberá prazas limitadas. Por iso, é preciso inscribirse na biblioteca ou no número de teléfono 982 452 324. Lémbrase tamén que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.