Skip to main content
O Saviñao

O Saviñao instala marquesiñas de madeira en paradas do bus escolar

Por 20 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello do Saviñao instala catro marquesiñas de madeira nas paradas de autobús do termo municipal. O alcalde, Carlos Armesto, explica que “foron colocadas no lugar de Páxera, en Villalarides, en Cazón e en Santalla para dotar aos nenos e nenas dun lugar resgardado para agardar o autobús escolar”.

Esta iniciativa forma parte do plan municipal de humanización e renovación de mobiliario urbano que o Concello do Saviñao está realizando polas distintas parroquias do termo municipal.

Armesto explica que “a colocación de marquesiñas é a primeira parte do plan que continuará a semana que vén coa instalación de cinco bancos no Camiño de Inverno acompañados da correspondente sinalización dirixida aos peregrinos”.

Así mesmo, o Concello colocará antes de final de mes cubrecontedores nas zonas de influencia turística. É dicir, dentro dunha estratexia de impulso turístico, levará estas infraestruturas a aquelas zonas que contan con restaurantes e casas de turismo rural, etc.

O goberno local continúa, deste xeito, a desenvolver proxectos de dotación e mellora de infraestruturas públicas para o uso cotián dos veciños, tal e como se comprometera.