Skip to main content
O Saviñao

O Círculo Saviñao contará cunha exposición de pintura en novembro

Por 25 Outubro, 2021Outubro 26th, 2021Sin comentarios

O Círculo Saviñao de Escairón recibe a exposición de pintura de Pablo Galego Obra recente. O autor, que xa levou a esta sala outras exposicións coma 4 médicos pola Ribeira Sacra, inaugurará a mostra o domingo 7 de novembro, ás 19 horas.

Por outra beira, esta exposición poderase visitar e contemplar do 7 de novembro ó 5 de decembro.

Pablo Galego é un médico, pintor e escritor, que conta con varias obras publicadas sobre o mundo sanitario. Ademais e, como xa se mencionou anteriormente, conta cunha ampla variedade de obras artísticas que xa se expuxeron con anterioridade no Círculo Saviñao.