Skip to main content
O Saviñao

Recollen doazóns de sangue no Saviñao

Por 31 Outubro, 2021Sin comentarios

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 10 de novembro no Concello do Saviñao para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 17 e as 18.30 horas no campo da feira de Currelos e entre as 19 e as 21 horas en Escairón fronte ao Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.