Skip to main content
Sober

Chega a Sober o programa A Caída da Folla

Por 11 Outubro, 2021Outubro 12th, 2021Sin comentarios

O outono máis agardado en Ribeira Sacra xa está aquí. Regresa o clásico programa A Caída da Folla en Ribeira Sacra, cunha combinación de plans outonais do máis variado e, moitas novidades.

Camiños de Santiago, turismo activo, micoloxía, recollida da oliva, apiturismo, relaxación, fitoterapia, gastronomía.., en varias xornadas dos meses de outubro, novembro e decembro.

Así pois, a próxima actividade será o Rural Sketch cores de outono, o vindeiro sábado 16 de outubro no Concello de Sober. Unha actividade na que se contará co pintor Eduardo Baamonde e na que se poderá contar coas mellores paisaxes nas que inspirarse.

O horario no que se realizará será de 10 a 19 horas e todas aquelas persoas que avisen con antelación de que non levan o seu propio material, contarán con acuarelas, pinceis e cadernos a disposición.

Ademais, é preciso reservar proximamente xa que o número de prazas dispoñibles por actividade é de 10. A realización das mesmas están garantidas a partir dun mínimo de 6 prazas.

Para máis información pódese contactar no teléfono +34 638 823 592 ou no correo electrónico turismo@ribeirasacra.org