Skip to main content
Taboada

A Asociación Rechouchios de Taboada retoma as actividades

Por 21 Outubro, 2021Outubro 22nd, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural Rechouchios de Taboada inicia as clases neste mes de outubro. Desta maneira, dende a asociación invitan a todas aquelas persoas que esteñan interesadas, a probar de maneira gratuíta neste mes.

As clases celébranse os venres pola noite e os sábados pola mañá. Os venres, pola súa banda, ofértanse clases de gaita, percusión e pandeireta para adultos, mentras que os sábados, é o turno de baile infantil, pandeireta infantil e baile de adultos.

Para máis información, para calquera dúbida ou para inscribirse é preciso contactar cos números de teléfono 606 818 740 e 656 873 277, ou no enderezo electrónico rechouchios@outlook.es ou en calquera das redes sociais dispoñibles.