Skip to main content
O Incio

O Concello do Incio oferta varias actividades extraescolares

Por 6 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello do Incio informa sobre as actividades extraescolares para este curso 2021-2022.

Así pois, entre a ANPA do CEIP Ricardo Gasset e o Concello do Incio ofertan varias actividades extraescolares para este novo curso e para que nenos e nenas poidan dispoñer de diferentes opcións para pasar os seus ratos libres.

Desta maneira, as actividades ofertadas son inglés, clases de axuda cos deberes, patinaxe e música en movemento. Estas dúas primeiras opcións, inglés e axuda cos deberes, será os martes e xoves.

No caso da patinaxe será os xoves de 16.30 a 17.30 horas para os nenos e nenas do CEIP Ricardo Gasset e, no caso dos nenos e nenas da ESO, o horario será de 17.30 a 18.30 horas.

Os sábados será o turno de música en movemento para nenos e nenas de 3 a 6 anos. Así pois, a isto hai que engadir que tamén haberá música tradicional, un grupo de gaita e outro de percusión para nenos e nenas a partir dos 7 anos.

Ademais, as actividades de música e patinaxe están abertas para todos aqueles que queiran participar, as demais son exclusivamente para o alumando do CEIP Eduardo Gasset.

Todas aquelas persoas que estean interesadas e que teñan algunha dúbida ou precisen máis información poden chamar ao Concello do Incio no número 982 427 014.