Skip to main content
O Incio

O BNG do Incio continúa avaliando o impacto dun proxecto eólico

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

O BNG do Incio asistiu a varias xuntanzas con persoas particulares e colectivos de defensa do territorio, para avaliar o impacto dun proxecto eólico. A pesar de que, os nacionalistas do Incio cren que “cómpre facer públicos os datos obxectivos do que había proxectado e sobre o que a alcaldía tardou en pronunciarse, medindo os tempos e as normativas europeas, motivo polo que esta semana fixeron entrega das sinaturas recollidas durante semanas, nunha campaña na que solicita ao alcalde unha posición clara e pública do Goberno Municipal en contra do Parque Eólico da Boibela que se proxecta na zona máis agreste e conservada do concello”.

A deputada nacionalista do Incio, Carme Aira e o responsábel local Xosé Moscoso fixeron entrega de case 100 sinaturas que avalan un escrito no que se relatan os danos patrimoniais dunha zona aínda sen catalogar na súa totalidade. A instalación do parque non respecta ningún elemento protexido polo Plan Xeral de Ordenación Municipal, nin os monumentos histórico-artísticos ou BIC.

Carme Aira explica que “a perviencia do concello depende de que nel se instale poboación, que se xere un tecido socioeconómico en torno a actividades de respecto ao medio que atraian turismo de calidade, o cal é incompatibel cos eólicos. Está estudado e demostrado que eólico é igual a desertización”

José Moscoso, polo seu lado, comenta que “as pequenas iniciativas son as que nos traerán futuro, por isto é fundamental rexeitar empresas que deterioren o medio, é inmprescendible que esa alcaldía se manifeste en contra publicamente deste tipo de empresas ou de outras similares que no futuro queiran instalarse.”

Dende o BNG celebran as declaracións do alcalde a favor do patrimonio que cualifican de “morno”, polo que insisten en pedir ao Goberno Municipal un posicionamento “público, claro e rotundo en contra do citado Parque e que veña acompañado das medidas necesarias para evitar o que podería ser o maior atentado histórico natural do concello”. “Ademais de lembrar que foi a recente declaración de Reserva da Biosfera que parece ter propiciado, e non tanto o soberano posicionamento dun goberno municipal que debe protexer a xente e o territorio” sinalan.

Desta maneira, conclúen que “aínda que se logre deter este proxecto, O Incio non está libre de risco para o futuro”.