Skip to main content
O Incio

A Asociación Os Fanagueiros do Incio celebran o seu tradicional magosto

Por 17 Outubro, 2021Outubro 19th, 2021Sin comentarios

A Asociación Cultural e Veciñal Os Fanagueiros de Eirexealba, no Incio, convida ao seu tradicional magosto, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. Así pois, dende a asociación informaron que, despois de pasar case dous anos sen poder celebrar ningún acto, chega un ano máis o magosto.

A celebración comezará ás 14 horas no campo da festa, onde se realizará unha comida composta por empanada, polbo, carne ao caldeiro, postre e café. Seguidamente, a asociación invitará a todas aquelas persoas que o desexen a participar no magosto, a través da degustación de castañas asadas acompañadas dunha queimada.

Unha xornada lúdica e especial, que se celebrou durante anos e que cumplirá con todas as medidas sanitarias correspondentes -emprego de máscara e distancia de seguridade-.

Así mesmo, hai que lembrar que este festexo se realizará no pavillón. Ademais, haberá que reservar mesa antes do 25 de outubro nalgún dos seguintes teléfonos: 666 367 271 -Xebradoiro-, 669 556 860 -Javi- e 646 401 820 -Toni-.