Skip to main content
Láncara

As instalacións deportivas de Láncara serán gratuítas para os empadroados no concello

Por 9 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Láncara informa que todas aquelas persoas que estean empadroadas no propio concello, poderán empregar as instalacións deportivas municipais sempre que o desexen sen ter que pagar ningún tipo de taxa.

Anteriormente, segundo o rexedor lancarés, Darío Piñeiro, todas aquelas persoas que usaban estas zonas debían pagar unhas taxas, independentemente que foran do concello ou non. Por iso, no último pleno do Concello de Láncara acordouse cambiar esta situación.

As instalacións deportivas mencionadas son: o pavillón municipal da Pobra de San Xiao de Láncara e as pistas de pádel.

Por outro lado, Piñeiro sinalou que no último pleno tamén se aprobou unha bonificación fiscal a todas aquelas persoas que dispoñan de vehículos eléctricos ou híbridos. Desta maneira, haberá distinción entres ambos: se son vehículos eléctricos ao 100%, darase unha bonificación do 75% e se son híbridos, a bonificación será do 50%. Este é, segundo Darío, o máximo que permite a lei de bonificado.