Skip to main content
Samos

O Concello de Samos quere promocionar o deporte da vila

Por 9 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Samos acordou no último pleno celebrado na vila incluír no próximo plan único da Deputación de Lugo, unha solicitude para unha partida para a promoción do deporte en Samos.

Así pois, a vila conta cun equipo de fútbol sala, o Samos FS que compite actualmente en primeira autonómica e que xa comezou a adestrar, despois dun ano sen facelo a causa da situación sanitaria. Xunto a este club, tamén se atopa como representante do deporte da vila un club de automobilismo.