Skip to main content
Sarria

O CB Sarria cadete feminino cae derrotado na final de ascenso a liga galega

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

O pavillón Fontiñas en Santiago de Compostela acolleu o pasado sábado a final de ascenso a liga galega cadete feminina onde o Castro Agrasar CB Sarria caeu derrotado contra o Miralba Celta.

Desta maneira, o equipo vigués conseguiu a vitoria nun partido no que o CB Sarria buscou a vitoria en todo momento. Así pois, o equipo sarriao despídese do ascenso despois dunha boa fase de grupos onde quedaron primeiras.

Xunto a elas, o equipo cadete e o equipo júnior masculino do CB Sarria tamén quedaron eliminados nas fases de ascenso a liga galega, deixando uns partidos nos que se competiu e se puido gozar deste deporte base.