Skip to main content
Sarria

Continúa a evolución nas obras no roteiro da Foz das Aceas

Por 5 Outubro, 2021Sin comentarios

As obras no roteiro da Foz das Aceas continúan evolucionando. Desta maneira, dende o día de hoxe atópase pechada a marxe dereita do río e reabre a ribeira esquerda onde xa se remataron os traballos necesarios, que comezaron o pasado 26 de agosto.

O roteiro da Foz das Aceas é unha ruta de sendeirismo, de máis de 6 kilómetros, que discorre á beira do río Sarria e que está próximo á vila. Neste roteiro pódese gozar de diferentes muíños, así coma da flora da zona.

Grazas a esta actuación dividida en dúas fases, todas aquelas persoas que queiran realizar a ruta poderán facelo, xa que é unha ruta que se pode realizar empregando tan só unha das marxes do río.

Estes traballos de reparación e mantemento que se están a realizar inclúen a limpeza do paseo, así coma a reposición de varandas e o amaño de escadas e outros tramos e elementos que se atopan en mal estado. Nesta rehabilitación e mellora do sendeiro o Concello invertiu uns 17.000 euros.