Skip to main content
Sarria

A Escola de Música de Sarria volve cun novo curso escolar

Por 6 Outubro, 2021Sin comentarios

A Escola de Música de Sarria comeza o curso escolar 2021 – 2022 no día de hoxe, mércores 6 de outubro. Desta maneira, as presentacións repartiranse en diferentes días dependendo das especialidades e rematando o vindeiro xoves 14 de outubro.

A causa da actual situación sanitaria, levaranse a cabo as medidas correspondentes para realizar un novo curso de aprendizaxe de forma segura.

No día de hoxe, ás 17.30 horas, realizará a súa presentación a clase de estimulación musical temperá, que se dividirá por grupos debido á alta demanda e que está dirixida a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Xa ás 19 horas, será o turno de música e movemento, unha clase dirixida a nenos e nenas de 3 a 5 anos. O xoves comezarase ás 17.30 de novo, con linguaxe musical, que virá seguido de piano.

Pola súa banda, o venres 8 farán a presentación clarinete a saxofón -ás 17.30 horas- e vento metal -ás 19 horas-. Xa para a semana que vén, as presentacións voltarán o mércores 13 con tuba, piano e gaita -ás 17.30 horas- e percusión -ás 19 horas-. Finalmente, o día 14 quedarán acordeón e guitarra a primeira hora e frauta traveseira á segunda.

Este ano, ESMUSA conta con 206 alumnos e alumnas, unha cifra similar a de anos anteriores que completa varias das especialidades.