Skip to main content
Sarria

Sarria abre a piscina climatizada o sábado

Por 7 Outubro, 2021Outubro 8th, 2021Sin comentarios

O vindeiro sábado 9 de outubro abre a piscina climatizada na vila de Sarria. Desta maneira, o Concello ofrece esta fin de semana unha xornada de portas abertas, con límite de aforo a causa da actual situación sanitaria da covid19.

Os horarios o sábado 9 serán de 10 a 13.30 e de 17.30 a 21.30 horas, mentres que o domingo 10 tan só será pola mañá -de 10 a 13.30 horas-. Pola súa beira, a partir do mércores 13 de agosto, a piscina climatizada adoptará o seu horario habitual, de 8 a 12 horas pola mañá e de 17.30 a 21.30 horas pola tarde, de martes a venres.

En canto aos sábados e aos domingos, abre pola mañá de 10 a 13 horas.

Así mesmo, a partir do luns 11 de outubro, todas as persoas interesadas que queiran solicitar a alta ou que queiran renovar a que xa está pagada, deberán acudir ao Concello para recoller o carné, así coma para anotarse aos cursos ou renovar os que estaban a realizar.

No caso dos cursos, comezarán o martes día 19 de outubro, nos horarios que existían anteriormente. Así pois, para máis información pódese chamar ao número 982 535 000 ou na páxina web do Concello de Sarria.