Skip to main content
Sarria

Rematan as obras de mellora na fachada da praza de Abastos de Sarria

Por 12 Outubro, 2021Sin comentarios

A praza de Abastos de Sarria remata as obras de mellora da fachada levadas a cabo polo Concello. Desta maneira, o obxectivo destas obras é que o espazo sexa máis atractivo tanto para comerciantes coma para clientes.

As actuacións incluíron a limpeza e o pintado da parede da fachada e, ademais diso, realizaron recentemente algunhas reformas no interior da edificación. Entre estes traballos atópanse obras de fontanería e electricidade para acondicionar o novo posto que se vai instalar na praza.

Actualmente, o inmoble conta con tres postos: carnicería, chacinería e tenda de produtos gourmet e unha pescadería, que abriu fai relativamente pouco as súas portas. Sen embargo, aínda hai espazo no interior para máis locais que o Concello quere cubrir.