Skip to main content
Sarria

Volve a Sarria o VI torneo Pedro Canoa

Por 13 Outubro, 2021Outubro 14th, 2021Sin comentarios

A SD Sarriana xa puxo en marcha o próximo torneo Pedro Canoa coa súa VI edición. A cita levarase a cabo o sábado 30 e o domingo 31 de outubro no Estadio Municipal A Ribela, en Sarria.

As categorías que participan no torneo son prebenxamín, benxamín e alevín, polo que os participantes disputarán partidos de fútbol 8. Todos aqueles equipos que queiran participar deberán inscribirse o antes posible. Así mesmo, para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar co club a través das redes sociais.

As prazas son limitadas a causa das medidas sanitarias que existen actualmente e que se atopan en vigor. Por outra beira, tanto a Deputación de Lugo, coma o Concello de Sarria e Cruz Vermella colaboran na celebración de este evento.