Skip to main content
Sarria

AC Peleriños informa que o prazo de inscrición continúa aberto

Por 13 Outubro, 2021Outubro 14th, 2021Sin comentarios

Dende a Asociación Cultural Peleriños informan que, aínda que case todas as clases están xa iniciaciadas, todas aquelas persoas que o desexen poderán anotarse a calquera das diferentes clases. Así pois, non é preciso facelo agora xa que a inscrición está aberta durante todo o ano.

Por outro lado, dende AC Peleriños recordan que as aulas son adaptadas a calquera nivel, polo que todas as persoas que estean interesadas poderano facer dende cero. Así mesmo, non hai unha idade en concreto para comezar xa que está dirixido a persoas de máis de catro anos, sin que exista un máximo.

Finalmente, sinalan que o obxectivo márcao cada persoa, polo que non é preciso actuar, nin vestirse co traxe a fin de curso se non se desexa. Para calquer outro tipo de dúbida ou para máis información, pódese chamar ao 693 299 292, chamada telefónica polas tardes ou wathsapp todo o día.