Skip to main content
Sarria

A mostra Tras as montañas xa está dispoñible en Sarria

Por 14 Outubro, 2021Outubro 15th, 2021Sin comentarios

A exposición Tras as montañas, de Jesús Otero-Yglesias, xa está dispoñible na antiga prisión preventiva de Sarria. Esta mostra é imaxinación do que sería posible atopar mais alá do coñecido. Tras as montañas, o enigmático, o marabilloso, a evasión, incluso o inquietante.

Toma forma de dobre posta en escena que ten en conta as peculiaridades dos espazos expositivos. O primeiro, a sala, prívase de iluminación natural para crear un peculiar xogo de sombras. No segundo, o patio, dase protagonismo ao muro mediante unha instalación fundada no poder simbólico da cor.

Ambas as intervencións nútrense dun imaxinario propio ao que acompaña a referencia á obra de Rogier Van der Weyden.

A exposición poderase visitar ata o vindeiro 22 de outubro na antiga prisión preventiva – oficina municipal de turismo de Sarria, de luns a venres de 9.15 a 14.30 horas. Para consultar outros horarios de apertura pódese chamar aos números de teléfono 982 530 668 e 982 535 000.