Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria sinala a perda dunha nova subvención por parte do Concello

Por 15 Outubro, 2021Outubro 16th, 2021Sin comentarios

Dende o Partido Popular de Sarria sinalan que Sarria “ven de perder unha nova subvención”. Desta maneira, explican que dende o Concello “renunciaron a subvencións que concedía a Xunta de Galicia aos Concellos Galegos”.

Ademais, enganden que se perderon máis de 27.000 euros pola renuncia “e máis de 54.000 se temos en conta que Sarria tiña dereito a dúas brigadas. Perdeuse a posibilidade de contratar a 10 mozos ou mozas sarriaos, financiados pola Xunta, nun Concello que temos preto de 1.000 desempregados”.

Por outra beira, defenden que, a causa disto, non se realizaron labores de desbroce e limpeza en espazos públicos que estaban entre as súas funcións “nun estado de silveiras e suciedade en moitos lugares municipais”.

Finalmente, denuncian que se puxo en risco de incendio zonas do concello.

Pista Albán – Alvaredo

Por outro lado, dende o PP de Sarria denuncian o estado da pista de Albán a Alvaredo. “Instaremos no Pleno o seu arranxo inmediato antes de que un día haxa un accidente e, de non actuar, defenderíamos denunciar por responsabilidade patrimonial ao Concello antes calquer dano que sufran os veciños”, sinalaron.