Skip to main content
Sarria

A patinadora sarriá Lucía Rodríguez gaña o campionato galego

Por 22 Outubro, 2021Outubro 23rd, 2021Sin comentarios

A pasada fin de semana, do 16 ao 17 de outubro, o Club de Patinaxe Artístico de Teo organizou a II Fase de categoría rexional A Coruña e Lugo, convocada pola Federación Galega de Patinaxe.

Nela, a patinadora Lucía Rodríguez, pertencente ao Club Anca de Sarria, fíxose coa vitoria na categoría cadete individual deste campionato galego celebrado no Pavillón Municipal Os Tilos, en Santiago de Compostela. Así mesmo, foi un evento especial xa que foi o primeiro campionato desta disciplina que se levou a cabo con público, co obxectivo de que se comece a voltar á normalidade.

Grazas a isto, a deportista sarriá xa se dispón a preparar as probas de acceso para o campionato de España que se celebrará en febreiro do 2022.