Skip to main content
Sarria

O PP de Sarria insta a continuidade do SAT da comarca de Sarria

Por 27 Outubro, 2021Sin comentarios

Dende o Partido Popular de Sarria sinalan que levarán ao pleno unha moción na que instan ao goberno local “a garantir a continuidade do servizo de atención temperá da comarca de Sarria, sen interrupción algunha e coas prórrogas legais necesarias que garantan a non interrupción do servizo”.

O servizo de atención temperá -SAT-, destinado a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos, anunciouse en abril do ano pasado, aínda que se implantou recentemente “tras unha tardanza desmesurada”. Sen embargo, o servizo, según o Partido Popular, remata contractualmente o vindeiro 31 de outubro “sen que ninguén esté a informar ás familias sobre a continuidade do mesmo a través dos mecanismos legais oportunos”.

Por esta razón, dende o PP esixirán “a non interrupción deste servizo e a sua prórroga polo prazo máximo legal, xa que o Concello a día de hoxe non aclara os termos as familias”.