Skip to main content
LugoSarria

Rematan as obras na estrada LU-546 á altura de Sarria

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

Rematadas as obras de reforzo do firme na LU-546 entre Nadela (Lugo) e Sarria coa mellora da travesía nesta última localidade, que está a ultimar estes días.

Desta maneira, comprobáronse os traballos neste tramo que, segundo se indicou, “melloran a seguridade viaria en pleno casco urbano”. Así mesmo, subliñouse o importante pulo ás comunicacións do municipio que supoñen as reformas desta estrada -que o enlaza coa capital- e da LU-636, que conecta con Becerreá e a saída cara á meseta pola A-6. En total, investíronse 1,3 millóns de euros nestas actuacións acometidas nos últimos meses.

Na mesma liña, indicouse que o obxectivo é que no outono do vindeiro ano se poida poñer en servizo a primeira fase da autovía entre Sarria e A Pobra de San Xiao, “grazas a un investimento da Xunta de máis de 25 millóns de euros”. Neste momento está executada ao 58% e os orzamentos para o próximo ano reservan unha partida para redactar o proxecto de desdobramento do corredor no seguinte tramo, entre A Pobra e Lugo.

Actuacións

Tanto na estrada LU-546 como na LU-636 están totalmente rematados os traballos de regularización e reposición do firme, a falta só dos últimos labores para completar o repintado da sinalización horizontal ou elementos como tapas de rexistro e similares.

A estrada LU-546 (Lugo-Sarria-Monforte) conta cunha intensidade media duns 3.900 vehículos ao día. Nos primeiros 10,6 quilómetros realizáronse fresados localizados e reposición a carril completo con mestura bituminosa cun espesor de 5 centímetros nas zonas máis deformadas. Na travesía de Sarria (entre os puntos quilométricos 23,3 e 24,2) realizouse un fresado de 5 centímetros con reposición do firme a calzada completa, cun espesor de 4 centímetros en todo o ancho da plataforma.

As actuacións na estrada LU-636 leváronse a cabo entre o punto quilométrico 22 e o 31,1, situado á entrada do núcleo de Becerreá. A intervención neste tramo de 9 quilómetros incluíu a reparación das partes deterioradas e a reposición do firme en toda a calzada con tratamento asfáltico e rego de selado. Nos últimos 4 quilómetros, ata acceder á localidade becerrense, aplicouse mestura bituminosa en quente en todo o ancho do carril. Esta estrada rexistra unha intensidade media de circulación inferior aos 1.500 vehículos ao día.