Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei presenta as súas actividades de inverno

Por 19 Outubro, 2021Outubro 20th, 2021Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei abriu o prazo de inscrición para as actividades da tempada 2021- 2022, prazo que permanecerá aberto dende o mércores 20 de outubro ata o 5 de novembro nas oficinas da Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:30 da maña.

Estas actividades foron presentadas esta mañá polos membros do equipo de Goberno, que explicou que estarán divididas en catro bloques, as culturais, deportivas, da OMIX e de Promoción da Muller, seguindo a dinámica de edicións anteriores.

No apartado de cultura e lecer ofértanse actividades de danza moderna, obradoiros para festas, escola de maxia, robótica, bailes de salón (iniciación e perfeccionamento), viaxe a Baiona á Festa da Arribada, costura básica e creativa, manualidades, viaxe ao Fuciño do Porco, Poza da Ferida e Viveiro e restauración de mobles.

Dentro da oficina de información xuvenil a oferta contén ximnasia rítmica, obradoiro de coiro, inglés de preparación para o B1, escola de música (de Outeiro de Rei, Rábade, Begonte e Friol), e pádel.

No capítulo do deporte haberá fútbol sala, ximnasia na auga, natación adultos, baloncesto, tenis (tres cursos), tiro con arco (dous cursos), patinaxe (dous cursos), pilates (dous cursos), ioga, BTT, natación infantil, rutas de sendeirismo, escola de motociclismo, curso de conducción de motociclismo, entrenamentos libres kart/moto en circuíto e tenis de mesa.

Finalmente, no apartado de promoción da muller haberá formación en novas tecnoloxías e charla sobre prevención da violencia de xénero e a discriminación contra a muller.

Por ser o número de prazas limitado estas cubriranse por rigoroso orde de inscrición, tendo sempre preferencia as persoas empadroadas neste municipio con respecto ás de fóra.

Consulta AQUÍ as actividades CULTURAIS.

Consulta AQUÍ as actividades DEPORTIVAS