Skip to main content
A Pastoriza

A Asapa da Pastoriza urxe a construción dun centro de día

Por 17 Outubro, 2021Outubro 19th, 2021Sin comentarios

A Asapa, Asociación de Comerciantes da Pastoriza, vén de remitir un escrito ao Concello da Pastoriza no que urxe a construción dun centro de día no termo municipal.

Tal e como expoñen, “todos somos coñecedores do interés xeral que existe de poder dispor de un Centro de Día no noso Concello”. Engaden que “o gran avance tanto de xestión como de construcción desta infraestructura nos Concellos limítrofes é visible e protagonista, xa que un edificio público destas características resulta beneficioso para os nosos maiores e de maneira indirecta contribúe a mellora da economía do pobo”.

Afirma a Asapa que “nos consta” que un paso se deu coa compra que existe dunha parcela para tal fin.

Debido a isto solicitan información sobre o estado de tramitación desta infraestrutura “sa que será un gran paso para A Pastoriza”.

“Agradeceríamos unha rápida contestación por escrito xa que a curto prazo, esta Asociación, ten previsto (dependendo como se encontre o estado de tramitación) seguir adiante e non cesar ata conseguilo dado que a poboación que vive neste Concello maior de 65 anos é de un 34% e iste dato sigue en aumento”, conclúen.