Skip to main content
Abadín

O PSOE de Abadín critica ao alcalde por non informar do parque eólico de Bouza

Por 2 Outubro, 2021Sin comentarios

O voceiro Socialista de Abadín, Pablo Díaz denunciou hoxe un “novo atropello político” do Goberno de Rancaño, tras coñecer que se van instalar 11 aeroxeradores no Concello, “e non hai un só veciño ou veciña informada sobre este asunto”. ”Tampouco coñecemos si o Concello presentou alegación algunha a este proxecto”, dixo.

“O Concello de Abadín esta afectado neste novo proxecto de instalacións de aeroxeradores polo Parque Eólico Boura, que trala publicación no BOE deste anuncio, nada sabemos da postura do Concello sobre este proxecto eólico”. A empresa que impulsa este parque é Greenalia Wind Power Boura, con domicilio social na Coruña, e instalará un total de 11 arexenadores de 72,8 MW.

Así as cousas a voceiro socialista explica nos concellos veciños de Pol, Meira ou Pastoriza son os propios concellos, os que están reuníndose e informando á veciñanza destas novas instalacións para dar a coñecer as afeccións ou aclarar as dubidas. “Pero unha vez máis no Concello de Abadín poñémonos á cola da transparencia, en facilitar información ou en resolver os problemas que puideran xerar sobre este proceso”, lamentou.

“A Rancaño e a todo o seu Goberno nin esta nin se lle espera, solo aparecen para pasear no coche oficial. Abadín necesita un goberno que traballe, que se preocupe e que informe dos proxectos á veciñanza. Non se pode deixar abandonado aos nosos veciños e veciñas. Abadín precisa un futuro mellor”, resumiu.