Skip to main content
Abadín

Abadín ten en marcha obras por valor de 730.000 euros

Por 12 Outubro, 2021Outubro 13th, 2021Sin comentarios

O Concello de Abadín está inmerso esta tempada nunha serie de obras que implican un investimento global de 729.437 euros, tal e como explicou o seu alcalde, José María López Rancaño.

Así, continúa co proceso de cambio de contedores en todo o territorio municipal, un total de 111, que se están a realizar nas parroquias de Corvite, Moncelos, Vilarente, Abadín e Fraias. Esta operación ten un importe de 62.778 euros.

No tocante a obras en estradas, estase a realizar o acondicionamento de accesos a Sisalde (Labrada), dende a capela de San Antonio a igrexa de Abeledo, barrio dos Terraxis en Moncelos e camiño desde Super Vigo en Moncelos. Esta obra conta cun orzamento de 108.262 euros. Tamén se está a realizar o acondicionamiento de accesos desde o centro médico ata A Corda cun investimento de 98.730 euros.

Realiza o Concello tamén obras de matemento e mellora en Louside (Candia) ata Fanoi e en Gontán de Arriba (Quende) por valor de 84.814 euros. Na mellora do camiño dende Os Couzarros (Fraias) ata a igrexa de Quende destinan 31.432 euros.

Continúa tamén os traballos de acondicionamento de accesos a Currovedo e Tarandeiras en Labrada e camiños en Romariz (Norte e Sur) por importe de 78.892 euros.

Tamén se realiza o acondicionamento do camiño que chega á capela de San Antonio en Abeledo; en Moncelos dende o cemiterio ata Valado, Terraxis (Norte e Sur) e no camiño de Cabaza en Vilarente. Todo isto ten un presuposto de 75.974 euros.

Seguindo co acondicionamento de caminos, continúan as obras na antiga estrada en Corvite, Carracedos; nos camiños en Castromaior: Billetes (Este), Billetes (Oeste), Roma (Norte), Roma (Sur), Fontefeal, Egoeiras e Egoeiras de Abaixo; en Baroncelle no camiño de Vilatán e en Moncelos, Cañoteira. Ten un orzamento de 98.892 euros.

Completa a listaxe de obras en activo o acondicionamento do camiño Real en Abadín e o acceso ao Grupo Escolar, dende a estrada de Labrada ata a escola de Fanoi e camiño e ramal nos Beos (Fanoi). Todo por valor de 89.663 euros.