Skip to main content
Begonte

Rematan as obras dos parques infantís en Begonte

Por 5 Outubro, 2021Outubro 6th, 2021Sin comentarios

A través dunha visita oficial, onte déronse por concluídas as obras de mellora realizadas nos parques infantís dos lugares de Illán e Baamonde, no concello de Begonte, que contaron cun investimento de preto de 35.000 euros.

As obras tiveron como obxectivo mellorar os espazos de ocio dos nenos que foran construídos hai anos e que se atopaban en mal estado de conservación. Con esa finalidade, colocouse unha soleira e pavimentouse a zona de xogos, ademais de substituír os elementos e delimitar o recinto cun peche de seguridade.

Con esta actuación dotouse ao concello dun servizo público para o lecer dos máis pequenos, o que contribúe a mellorar a calidade de vida dos cativos de Begonte e da súa veciñanza en xeral.