Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Rozas recibirá un impulso económico de 27,4 millóns de euros

Por 20 Outubro, 2021Outubro 21st, 2021Sin comentarios

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou a aposta da Xunta de Galicia no desenvolvemento do Polo Aeroespacial de Galicia, facendo referencia aos 27,4M€ que destinará o Goberno autonómico a esta iniciativa a través dos seus orzamentos do próximo ano co obxectivo de consolidar a pegada industrial, impulsar a comercialización de novos produtos e crear emprego cualificado.

Neste sentido, o vicepresidente económico valorou a capacidade de anticipación da Comunidade coa posta en marcha no 2015 do Polo Aeroespacial e que conta coa colaboración dos socios estratéxicos como Boeing, Babcock e Indra e de máis de 50 pemes e centros de coñecemento galegos.

Así mesmo, apuntou que para a consolidación do Polo vai ser fundamental afianzar o modelo de colaboración público-privada levado a cabo ata o de agora, ao mesmo tempo que indicou que os fondos europeos Next Generation deben supoñer un salto de calidade para este proxecto.

No que respecta á iniciativa privada, Francisco Conde manifestou a súa confianza en que se poidan materializar as boas sensacións recibidas ata o de agora coas dez propostas que se presentaron á convocatoria da Xunta para ser futuros socios industriais desta iniciativa de cara aos vindeiros cinco anos.