Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Convocada unha nova concentración en Castro para pedir a reactivación do centro de saúde

Por 23 Outubro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

A veciñanza está convocada este domingo novamente a unha concentración diante do centro de saúde de Castro de Rei con motivo da defensa da sanidade pública e a reactivación dos centros de saúde do concello.

Neste senso, o BNG defende que a mellor maneira de saír da crise sanitaria é reforzando o sistema público de saúde. Por conseguinte, o BNG propón un plan de choque cun investimento de 200 millóns de euros, a contratación de profesionais para os centros de saúde e aumentar o orzamento á atención primaria. A nivel local, o BNG recollerá sinaturas da veciñanza para dirixirse á Consellería de Sanidade esixindo a apertura e dotación de persoal nos centros de saúde da localidade.

O pasado 18 de setembro xa se fixo unha concentración no mesmo lugar e co mesmo obxectivo.