Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

A Deputación licita os servizos e subministracións da Granxa Gayoso Castro

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

A Deputación de Lugo saca a licitación diversos contratos por importe de 130.000€ para prestar servizos e dotar de diferentes subministracións a Granxa Gayoso Castro para o seu correcto funcionamento.  Así se acordou na Xunta de Goberno celebrada este venres. 

Por unha banda, quedou aprobada a licitación da subministración de material de cama para os cubículos da Unidade de Leite por importe de 21.450€. Este contrato é por un ano, coa posibilidade de prorrogalo anualmente ata un máximo de 3 anos.

E por outra banda, tamén se licitou o contrato para a prestación de servizos veterinarios por 106.000€ en tres lotes: un deles para o servizo de urxencias 24 horas, outro especializado en podoloxía para o desenvolvemento dun programa de prevención de coxeiras e problemas podais; e o terceiro, especializado en reprodución e mellora xenética. Este contrato adxudicarase por un ano, podendo facer unha prórroga doutro ano máis. 

Tamén na Xunta de Goberno de hoxe quedou aprobada a adxudicación do contrato para a prestación do servizo de mecanizados para os vehículos e máquinas do Parque Móbil provincial por un importe máximo de 18.000€. Este contrato terá unha duración dun ano, e a empresa comprométese a ofertar un desconto dun 20% nos prezos unitarios de pezas e dun 10% sobre as horas de man de obra.

Outro dos asuntos en materia de contratos que recibiu luz verde foi a licitación de subministración de material de oficina para os distintos servizos da Deputación ata febreiro por un importe de 12.000€.