Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXACospeito

Aprobada a modificación do proxecto do polígono de Cospeito e melloras na Granxa Gayoso Castro

Por 2 Outubro, 2021Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local da Deputación aprobou tamén a modificación do proxecto de urbanización do polígono industrial de Cospeito, que a Deputación está acometendo cun investimento próximo aos 1,3M€. Trátase dunha modificación que non varía este orzamento inicial e que consiste, por unha banda, na substitución das luminarias por unidades LED, con maior eficiencia enerxética e capacidade lumínica, e por outra, na dotación dunha conexión directa coa glorieta existente na entrada da localidade de Feira do Monte, co que se mellorará a accesibilidade ó polígono.

“Quero recordar que oPPresidente da Deputación, José Tomé Roca, decidiu reactivar as obras para a creación deste parque empresarial, cumprindo así co compromiso adquirido pola institución provincial cos veciños e veciñas de Cospeito para crear unha infraestrutura demandada polo tecido empresarial e que contribuirá a dinamizar a economía deste concello”, apuntou a voceira socialista.

GRANXA GAYOSO CASTRO

A sesión provincial aprobou tamén a adxudicación do contrato para o subministro de medicamentos, material sanitario e outros produtos de uso veterinario para a xestión  sanitaria da Granxa Gayoso Castro, por un importe de 26.800€ e un prazo de un ano, prorrogable por outro.